domingo, 15 de julio de 2007

furnier, kaso aparte e bitxo bola o venres no csa a formiga


Ecoitar musica de [kaso aparte]
Escoitar música de bitxobola.... se queres escoitalo vente ó concerto, é de valde e vai ser un fiestón

martes, 12 de junio de 2007

Alemania Agosto 2007... Un paso mas hacia la agonía

Accion contra el eje de la globalización :: MadRIP::

Manifestación en Compostela contra a cimeira do G8


O día 7 de xuño tivo lugar en Compostela a manifestación antiglobalización con motivo da cimeira do G8 en Alemaña convocada en resposta ao chamado global dos distintos colectivos que protestan en todo o mundo contra o neoliberalismo actual.

A manifestación contou cunha participación de varias centenas de persoas que respostaron á convocatoria da Plataforma Anti-G8 de Compostela e que percorreron as rúas da cidade dun xeito animado e combativo.



Plataforma Anti-G8 de Compostela

baixo o peso da lei [cine]

baixo o peso da lei (down by law)
(ee.uu, 1986)
director e guionista : Jim Jarmusch
intérpretes: John Lurie, Tom Waits, Roberto Benigni, Ellen Barkin, Nicoletta Braschi, and Billie Neal
música: john lurie
cancións: tom waits
v.o.s.e.
jarmusch volta a facer unha peza sinxela, esta vez construíndo un escenario de delito no que tres homes “estorbos do sistema” buscarán rachala lei. céntrase na figura do antiheroi, seres que xeneran desconfianza no espectador e que non cambian as suas persoalidades, senón que corrompen as da súa audiencia. iste sutil encantamento fai que down by law perturbe positivamente a concepción do malo, negativo, incorrecto. os tres protagonistas saltarán obstáculos, e buscarán un lugar de encanto no que non hai polos opostos, nen dogmas establecidos.
xoves 21 de xuño 20:30 h. a cova da terra
entrada de balde

miércoles, 30 de mayo de 2007

Trenes Rigurosamente Vixiados


trenes rigurosamente vixiados
(Rep.Checa, 1968)
de jiri menzel
v.o.s.e.
xoves 7 de xuño 20:15h na COVA DA TERRA
entrada de balde

Trenes rigurosamente vixiados non é só a historia dunha pequena estación do protectorado checo en 1945, senón a alegoría dun tempo terrible contada de tal xeito que o seu veneno queda desarmado.Cando quere, a natureza humán é capaz de montar festa no mesmo inferno

Marcha Ciclonudista na Coruña

Chamamento Mundial. Sábado 9 de xuño. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.
Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.
Denunciamos que as nosas rúas foron secuestradas polo coche privado que colapsa as cidades dexenerándoas en lugares hostís e perigosos. O coche mata e a súa impunidade escandalízanos. Demasiados intereses de multinacionais belicistas do petróleo e do automóbil están en xogo se cuestionamos isto.
Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.
¿Por que en bicicleta? A bicicleta é un medio de transporte urbano solvente, saudable, ecolóxico e divertido. É unha icona, un símbolo de liberdade e un instrumento práctico de transformación social. Non paga tributos, non gasta petróleo, non colabora co desenvolvismo destrutor nin coa guerra global.
¿Por que espidas? Porque nos sentimos espidos ante o tráfico pola falta de respecto dos condutores e a desidia dos gobernantes. Coa desnudez facemos visible a fraxilidade das nosas carrocerías (o noso propio corpo). Ademais, amosamos o noso corpo con naturalidade, rompendo o pudor, desmontando tabús respecto do noso físico impostos pola moda e a avaricia da industria transnacional téxtil. En definitiva, enfrontámonos ao tráfico urbano co corpo espido sobre a bicicleta como a mellor forma de defender a nosa dignidade e de vivir a loita social.
Cidades do estado español nas que se celebra o evento: Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alicante, Murcia, Valladolid, Valencia.
Visita a nosa web: http://www.ciclonudista.net
Marcha Ciclonudista na Coruña (Sábado 9 de xuño ás 12h desde María Pita ata a praia das Lapas)
Na Coruña tamén queremos participar desta chamada mundial. Porque na nosa cidade todavía hai moita intolerancia e prepotencia. O coche e esa posición de poder que proporciona é intolerante e prepotente, como o é a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como nos pete, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis propoñemos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade, un paseo de tolerancia e integridade.
O percorrido comezará en María Pita, vestidos, e nun punto do percorrido ¡ fora a roupa e arriba as bicis ! :) Faremos un percorrido pola cidade para rematar na praia das Lapas, onde nos espera unha festa de recibimento e probablemente algo de picar. Iso sí, un baño nas augas do Atlántico despois da bici non virá nada mal.
Queremos contar co maior número posible de xente e ciclousuari@s, polo que se alguén dubida se atreverse, acudide igualmente. O apoio virá moi ben, e cada un que faga no momento o que lle pida o corpo. Porque esta marcha non nos pertence a uns poucos, senón que é propiedade de calqueira persoa que queira participar dun xeito ou doutro. Marcade ese día nos vosos calendarios, porque é un día irrepetible, non é un día de esos para ir se "cuadra" ben, senón para facer todo o posible por ir.
Ao ser a única cidade en Galiza na que se celebra queremos facer partícipes a todas as persoas doutras partes, a que se animen a pasar un sábado divertido e estimulante. É a marcha ciclonudista galega. E por iso queremos que avisedes a todos os vosos contactos, a tod*s *s vos*s coñecid*s, amig*s ou familiares (sexan daquí ou doutros lugares). A ver se conseguimos que sexa unha comunicación expansiva, que toda esa xente avisada por nós se convirtan tamén en avisadores e xente ilusionada con participar como poida do evento.
Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net
A preparación poderedes seguila aquí: Foro de masa crítica (apartado da ciclonudista)
O material dispoñible é:
¡Vémonos o sábado 9 de xuño ás 12h en María Pita!

ver se conseguimos que sexa unha comunicación expansiva, que toda esa xente avisada por nós se convirtan tamén en avisadores e xente ilusionada con participar como poida do evento.
Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net
A preparación poderedes seguila aquí: Foro de masa crítica (apartado da ciclonudista)
O material dispoñible é:
¡Vémonos o sábado 9 de xuño ás 12h en María Pita!

jueves, 24 de mayo de 2007

Todo é mentira

¿Existe vida antes da morte?

Ésta é a pregunta que nos prantexamos día tras mentres camiñamos entre muros de formigón e ceminterios de soños. Cada día 100.000 novas propostas de como matar o noso tempo (non sinten reparo en dicilo) e cada catro anos 5 ou seis novas propostas de como perpetua-la nosa miseria.

Gañe quen gañe, ti sempre perdes
¿Quen queres que te exprima cal laranxa durante a próxima lexislatura? ¿Os roxos, os verdes, os branqui-azuis, ou tal vez os de cor merda? sei-ca este ano o mais fashion e votar por o partido das rabas do bar, que promete zirrosis gratis as súas infalibles seguidoras.
Fala cos teus avós, e diranche sen cavilar: Os políticos só pelexan polo mando, e cando o collen... Que me leve o demo se non fan o que sexa por non soltalo. Sen embargo parece que se esquecen cando os coches de liña pagados polo PP os recollen polas aldeas para levalos ó colexo electoral e darlles a papeleta na man, mentres agardan sorrintes na porta dandose codazos e botando eruptos sabor pulpo. Que ben viven os cabrons... E despois berra o 4º poder ¡ Corrupción en marbella!... Acaso alguén se sorprende? penso que non, igual que non se sorprenderían se foran detidos algúns dos magnates impulsores do proceso de marbellización que está a sofrer a Galiza dende fai tempo. Claro está que ditas detencións serían froito dun conflicto de poderes, ou algunha comisión mal pagada que fixo estalar de raiba a algún banqueiro, xuiz, concelleiro ou policía. ¿Quen prefires que te explote? Telefónica, Grupo Prisa ou ENCE?
Cala a boca e tapa as orellas, non vaia ser que che as leve o demo

domingo, 29 de abril de 2007

Concerto HipHop contra as cárceres


Cóncerto de HipHop o Luns 30 de Abril, víspera do 1º de Mayo:



Malandromeda [Compostela]
Furnier [Compostela]
IV Guerra Mundial [Ferrol]

Entrada: 3€ [Os beneficios da entrada iran adicados á publicación anticarcelaria Punto de Fuga]

lunes, 16 de abril de 2007

próxima pelí na cova da terra.XOVES 26 de ABRIL ás 20:15 h.


obras documentais de ARTAVAZD PELECHIAN


"natchalo" ("o comezo", Armenia, 1967, 8 minutos)
adicado ao quinquxésimo aniversario da revolución de outubro, ergue o estandarte das grandes masas populares
"menki ou my" ("nós", Armenia, 1969, 24 minutos)
"decidín presentar a historia dun pobo sen amosar monumentos do pasado, observando a xente de hoxe" O pobo armenio en lágrimas que descubrimos
a través de imaxes de arquivo, víctimas de deportacións e máis tarde en plenas efusións de felicidade.
"Obitateli ou bnakitchnere" ("os habitantes", URSS, 1970, 8 minutos)
pelechian plantexa unha película de enfrontamentos. O das manifestacións da naturareza e de cómo o home interactúa nela.
"tarva yeghanaknere ou vremena goda" ("As estacións", Armenia, 1972, 29 minutos)
escenas de traballo e sobrevivencia no campo, onde a mirada de pelechian, por intres, parecera transparente
"konec" ("fin", Armenia, 1992, 8 minutos)

miércoles, 11 de abril de 2007

"71 FRAGMENTOS PRA UNHA CRONOLOXÍA DO AZAR"

XOVES 12 DE ABRIL, ÁS 20:30 h. NA COVA DA TERRA
"71 FRAGMENTOS PRA UNHA CRONOLOXÍA DO AZAR"
de Michael Haneke

V.O.S.E.
71 fragmentos de una cronología del azar un atraco y asesinato- para establecer 71 secuencias que pretenden mostrar un caleidoscopio social con el objetivo de observar cómo un determinado entorno puede llegar a ser indirectamente culpable de un crimen individual. Haneke se propuso constatar como en los espacios de homogeneización social, la alienación surge del exceso de confort. En sus primeras películas, Austria se erige en el ejemplo sublime de una sociedad enfermiza, en la imagen de un mundo putrefacto ubicado en el corazón de Europa, en el que la identidad ha quedado difusa. A finales de los noventa, Haneke trasladó esta reflexión a París con el fin de estudiar una crisis de identidad que tiene como elemento de perturbación la cuestión de la alteridad. Los otros han llegado al corazón de la sociedad del bienestar pero han sido marginados y desterrado de los paraísos artificiales.
Mediante una serie de imágenes frías y glaciales, Michael Haneke no ha cesado de desempolvar los elementos contradictorios de una sociedad del bienestar en la que la opulencia siempre esconde lo siniestro. En el cine de Haneke, la moral encubre la represión y los valses de Viena son, como queda reflejado en La pianista, la tapadera de una sociedad enfermiza. Las pulsiones reprimidas corroen lo que han sublimado las apariencias de la vida burguesa.
Haneke no ha cesado de hurgar en un mundo en el que las convenciones han acabado disimulando la miseria moral. Su deriva ha sido concisa. El realizador austríaco ha evitado el humor sarcástico y la afectación para filmar desde la distancia el vacío moral de la sociedad posmoderna. Para el cineasta, la imagen cinematográfica debe ser utilizada como un instrumento que puede revelar todo aquello que ha sido desterrado de la sociedad y de la historia. Al llevar a cabo esta acción, el cineasta debe cuestionarse cuáles son las trampas de la imagen, sus derivas y la posición del espectador frente a la violencia. En el cine de Haneke, los espectadores son siempre tratados como víctimas porque, como las imágenes anónimas de Caché (2005) o los juegos perversos de Funny Games (1997), su conciencia individual no cesa de ser apelada. Su camino pasa por un marcado antipsicologismo, por una voluntad de deconstruir los discursos propios de la representación ilusionista.

domingo, 8 de abril de 2007

Huye, hombre, huye

Editorial: Virus
Autor: Xosé Tarrío González

Nesta novela Xosé Tarrío cóntanos en primeira persoa as súas vivenzas durante os seus máis de 20 anos engailado nas distintas prisións españolas. O seu relato é unha historia de denuncia, e tamén a historia da evolución do sistema penitenciario (sistema que levou a xosé á morte) e a aparición do infame réxime FIES, adicado o aislamento, e vixente hoxe máis ca nunca tra-la súa recente reafirmación pola directora de institucións penitenciarias Mercedes Gallizo.

P.V.P. 12 €

Manual de guerrilla de la comunicación

Cómo acabar con el mal


Editorial: Virus
Autor: grupo autónomo a.f.r.i.k.a. /Luther Blisset/
Sonja Brünzels


Luther Blisset é un nome múltiple, unha firma sen don@ que se emprega para identificar proxectos de características comúns, unha identidade de propiedade colectiva.

Éste non é máis que un exemplos dos métodos de acción descritos neste manual de guerrilla da comunicación, que @s autor@s definen como os actos comunicativos que subvirten a gramática cultural, que non é outra cousa que a relación que existe entre os distintos elementos comunicativos dunha cultura (dende a arquitectura ó linguaxe) e a forma na que están estructurados e relacionados entre si

Baixo esta definición analízanse formas como o grafiti, oa terxiversación (ou subvertysing), a performance, ou certas formas de ocupación.


P.V.P. 13'20

Los destructores de máquinas

Editorial: Alicornio
Autor: Ernst Toller


No contexto da revolución industrial, na que a miseria apoderouse das clases populares que vivían no seno das vilas dos comezos do século XIX, que vían impotentes como os avances tecnolóxicos en maquinaria industrial arrebataba os seus postos de traballo, moitas destas xentes comezaron a organizarse para emprender na súa defensa unha das máis belas artes: a sabotaxe. Estes cidadáns asolados pola dictadura que impuxo o sistema industrial productivo para estas xentes, decidiron de forma autónoma actuar directamente contra estees centros productivos, destruíndo as máquinas que daban vida ó monstro económico que os asolaba. Moitas destas accións atrubuíronselle a un tal Ned Ludd, polo que o movemento foi denominado Luddismo, ainda que probablemente Ned Ludd fóra un "nome múltiple", usado polas xentes para darlle unha cohesión os sabotaxes e reivindicalos baixo as mesmas esixencias e polo tanto, non esistira ningunha persoa física que respondera a tal nome, ou polo menos non con ese frenético nivel de actividade subversiva


Nesta obra de teatro, o autor narra a luita que levaron a cabo os ludditas, que perfectamente puideron ser bautizados como os destructores de máquinas


P.V.P. 5 €

sábado, 7 de abril de 2007

Earthlings [Terráqueos :: subtitulado en portugués]

Aqui vos deixamos a primeira parte desde documental que bota unha mirada crítica sobre o papel da raza humana na terra, e sobre a súa relación cas outras especies, co medio, e cos seus semellantes.



Podedes ver o resto do documental nesta seguinte ligazón que vos mostrará os resultados de pesquisa de youtube, e dende ali podedes ir vendo unha a unha as partes do documental (son 10) ou agardar un pouco, pois próximamente organizaremos unha proxección do documental no local social Alto Minho

miércoles, 4 de abril de 2007

Contra la megamáquina

Ensayos sobre el Imperio y el desastre tecnológico



Edición: Alikornio

Autor: David Watson

Chernobyl, Bhopal, os vertidos de petróleo, a constante amenaza de destrucción da vida humana e da natureza que se cerne sobre o praneta, non son o resultado dunha aplicación errónea dos aparatos técnicos, senon fenómenos inherentes ó propio sistema industrial e tecnolóxico e á racionalidade instrumental co fundamenta. A partires da problemática distinción entre capital e tecnoloxía, e tomando prestado do historiador Lewis Mumford o concepto de megamáquina, Watson revela de qué modo, e máis alá dunha suposta e insostible neutralidade da tecnoloxía, ésta configura as nosas maneiras de vivir. O dominio científico e tecnolóxico, ademáis dos efectos de deshumanización que xera ó socava-la liberdade e independencia humanas, supón unha seria amenaza para a vida no praneta. Contra este dominio e a favor dunha transformación radical da sociedade, Watson propon-nos a apertura de vías críticas de deconstrucción do sistema industrial e tecnolóxico, así como a exploración de formas de vida comunitarias. Unha proposta que fíase a partires do escepticismo tecnolóxico, o luddismo epistemolóxico e, en definitiva, dunha síntese moderno-primitiva capaz de aprender doutras culturas e desenrolar unha nova sensibilidade verde.

P.V.P. 5€

Manual para una dieta vegana

Edición: La Revuelta

Completo manual de nutrición vegana, ameno e adaptado tanto para xente vegana que queira mellorar a súa dieta como para non-vegans que estén pensando en deixar de lado a crueldade na súa alimentación. Nutrintes esenciais, lista de aditivos de orixe animal, consellos para mulleres enbarazadas, selección de recetas, e muito máis...

P.V.P. 3€

No podréis pararnos

La lucha anarquista revolucionaria en Italia



Edición: Klinamen, Conspiración

Autor: A.M. Bonanno


Excelente recopilación de textos e artigos dun dos máis emblemáticos autores do que poderíase catalogar como anarquismo insurreccional.
Ordenados por capítulos temáticos, Bonanno fai un análise da situación político-económica-social actual e de como deberían enfocarse as luitas sociais para chegar a acadar os seus obxectivos adaptándose a este análise da realidade vixente, lonxe de vellos dogmas anticuados e non aplicables a realidade social cotiá.

P.V.P. 9€

Diario e Ideario de un delincuente

Edición: Asamblea contra las prisiones de Barcelona, Ediciones Conspiración, Editorial Klinamen, Ateneo libertario Almargen e Individualidades anarquistas Solidarias.

Autor: Gabriel Pombo da Silva.


Gabriel Pombo da Silva e un dos rebeldes sociais anarquistas que luitan dende fai anos contra o brutal sistema penitenciario, como parte do engranaxe estatal-economico-social dominante. Durante 20 anos sufriu nas súas carnes a cara máis oscura deste sistema, a cadea, dos cales pasou 14 no infame réxime FIES, ata que en Outubro do 2003 consigue fugarse e pasa un ano ceive ata que en Xuño do 2004 os secuaces do estado alemán volvenlle a poñer as zarpas enriba, o cal desenvoca nun proceso que a imprensa volcase en desvirtuar aproveitando a ocasión para recaudar sensacionalismo.

Neste libro, escrito a modo de diario, gabriel conta as súas vivencias, experiencias e reflexións, durante os primeiros meses da súa estancia na cadea de Aachen (Alemania).

P.V.P. 5'5€

Del tiempo en que los violentos tenían razón

[Asturias, 1990-2005] · Textos, panfletos, comics y octavillas.
Coedición entre a Editorial LLar 3 a editorial Klinamen.

Recopilación de teorías e prácticas revolucionarias realizadas na rexión asturiana nos últimos 15 anos: Panfletos repartidos en procesións, editoriais e textos dos boletíns Llar e Arde, edicións Agitazión/Llar, pegatinas e comics desviados, Anuarios asturians de poesía e moito máis... "Toda la verdad sobre el movimiento obrero asturiano contada, por primera vez, de una forma científica y amena".

"Así fue trazado el programa más idóneo para poner en entredicho el conjunto de la vida social: las clases y las especializaciones, el trabajo y el entretenimiento, la mercancía y el urbanismo, la ideología y el Estado; hemos demostrado que hay que echarlo abajo todo. Y semejante programa no contiene más promesas que la de una autonomía sin freno y sin reglas."

P.V.P. 9€

martes, 27 de marzo de 2007

xoves 29 de marzo ás 20:15 na cova da terra: SEN SOL de chris marker


Sans Soleil (1982) es la película que mejor ejemplifica los hallazgos surgidos de la búsqueda de Chris Marker a través de las formas narrativas. Magnífico rastreador de la realidad, Marker enmarca sus imágenes en flujos de forma y significación poética. La realidad se convierte en la materia prima, el significante, que luego se constituye en obra completa gracias a las partículas ficcionales que la articulan, formando el significado. Aquí, Marker se escuda en una voz en off, que lee cartas de un viajero que relata sus experiencias, para dibujar mediante imágenes de diferentes países y continentes una reflexión audaz y valiente sobre la memoria y la situación del mundo actual. Como momento álgido del filme, cabe destacar la reflexión acerca de las nuevas formas de creación audiovisual, y cómo en imágenes digitales creadas por ordenador es posible encontrar los pequeños signos que la memoria resguarda en nuestro cerebro.

viernes, 23 de marzo de 2007

jueves, 22 de marzo de 2007

¿Sábes canto diñeiro público gastóu UPN na súa manifa de Pamplona?


Todos sabedes que o pasado sábado, 17 de marzo, UPN (PP) manifestouse, invadindo as rúas de Iruña-Pamplona, baixo o lema "fueros y libertad. Navarra no es negociable", unidos da mao do PP, falanxistas e os grupis de Ynestrillas. Cál é a miña indignación cando hoxe se fan públicos os gastos que supuxo dita manifestación aberrante... ollo ó dato, que é escalofriante:



  • 59.850 € en cuñas de radio e anuncios de prensa. (publicidade mediática)

  • 73.750 € en bandeiras y pines non nacionalistas.(merchandising)(telitaaaaaaaaaa
    máis de 12 kilos en bandeiriñas y pines)

  • 60.000 € por hora e media do escenario e infraestructuras......

  • 900 euros á hora de imáxenes aéreas para la televisión que ascende a 7.200
    euros en total (helicópteros)

  • O Goberno de Navarra deixouse 35.000 euros en autobuses, para que saíeran de
    maneira gratuita dende distintos puntos de Navarra

  • 45.000 euros para que puideran vir autobuses dende fora(curioso dato, que invirtiran máis cartos en traer autobuses de personas foráneas)

  • 5.130 euros no salario de diversos vendedores que vendían na rúa bandeiriñas españolas e navarras, e pines

  • 6.000 euros no avión do PP (qué pena que non se estrelaran esta vez, e de verdade.....jajajajjaa)

  • 6.000 euros na ocupación da calzada (49150 m2 da superficie permaneceron inaccesibles durante cando menos 4 horas, polos ciudadáns que non participábamos na manifestación. A tasa de ocupación da vía pública en Pamplona, según os precios aprobados polo concello para o 2007, oscilan entre 0'10 y 1'23 por cada 10 m2)


E a suma de todo isto, ascende á escalofriante (e non menos indignante) suma de 300.000 euros.

!!!300.000euros que han sido sufragados por impostos dos navarros... un fondo público empregado de maneira partidista.

Seitan

O seitán é un alimento coñecido dende fai moitos séculos na cociña oriental, feito a partir da fariña de trigo, e moi apreciado polo seu sabor (cando se elavora ben) e alto contido en proteínas vexetais


O mellor para facelo é conseguir unha fariña o menos refinada posible... porque as demáis están tan refinadas que se o fas con elas, non che sae case nada de seitán... so lles queda o puro almidón, que non é alimento nin nada! Ben, tes que amasar (para que teñas bastante para comer e se a túa familia non é moi numerosa, podas guardalo no conxelador!) uns 6 kilos de fariña da mais integral, que che quedará ó final máis ou menos a mitade. Fai soamente un bolo con todo iso, sen sal, sen nada de levadura, soamente iso fariña e auga!
Despois de facer o bolo, o deixas en remollo unhas 12 horas, totalmente cuberto po-lo auga, nunha pileta de plástico ou un gran bol.


O procedemento que lle segue a este, é simple, comenzas a amasar, co agua que tes no bol, procurando que o bolo no se te desfaga, ata que o auga quede compretamente branca...logo a mudas, e segues facendo o mesmo, ata lograr que o auga quede case transparente... isto se fai para lavar-la fariña, e asi se logra quitar-lle todo o almidón, que é o que sobra no seitán.. vai-te levar, se fas 6 kilos, un pouco máis de 40 minutos o lavalo por completo, dependendo tamén da túa destreza.


Despóis disto telo case listo, tomas unhas medias vellas que teñas a mano (a poder ser das alásticas e sen tintes, porque se non despois o tinte despréndese no auga), vas cortando o que che quedou do que lavaches, (que terá aspecto marrón grisáceo e de chicle xigante) e metendo os pedazos en anacos de media, para de seguido atalas. Agora imos coce-lo seitán en caldo de verduras, e o obxectivo e que no se nos desfaga.


Nunha pota ponse auga a ferver, e botaselle sal, pementa, laurel, salsa de soia, alga kombu, un par de limóns cortados a metade... O certo é que a condimentación e un pouco ó gusto, se ven e certo que ten que ser un caldo intenso para que lle de bon sabor o seitán, que de primeiras, o ser fariña de trigo, é bastante insípida. Os que se comercializan, destacan nos ingredientes habitualmente o soyu (salsa de soia) e a alga kombu(que ademáis de dar bon sabor, fai que se coza antes). O tempo de cocción é duns 40 minutos, logo se sacan das medias (vai estar inflado) o cortan a metade e o
meten de novo ó auga por uns 15 minutos máis, para lograr que se cociñe por completo...


Unha vez rematada a cocción, xa se pode reservar ou cociñar estofado, fileteado, empanado, etc..

Liberados 7 porcos en Murcia

comunicado da acción:

O xoves 8 de marzo, sete cerdiños foron rescatados dunha granxa de Murcia. Os porcos ian ser asasinados para servir de comida. Agora foron acollidos por un matrimonio vegano e viven nun campo na parte de atrás da casa.


Pedimos a tod@s @s que se alimenten con productos de orixe animal que se cuestionen esta innecesaria costume e que adopten unha forma de vida libre de morte, explotación, sofrimento i especismo.


Queremos adicar esta acción @s activistas ingleses Mark Taylor, Suzanne Taylor e Teresa Portwine que foron condeados a catro anos de cadea, dous e medio e quince meses respectivamente por facer manifestacións contra HLS (o laboratorio de experimentación animal Huntingdon Life Sciences).


extraído de: Accion Vegana

Catálogo


Xa podedes descargar o noso catálogo (en constante ampliación) en formato tríptico, tamaño a4 bn polas dúas caras. Se estades interesados en agún material, non dubidedes en poñervos en contacto con nos, xa sexa a través do correio electrónico engranajemaldito@yahoo.es ou no apartado de correios 71, cp 270080, Lugo



miércoles, 21 de marzo de 2007

Stop Hungington Animal Cruelty golpea de novo



Este video trata sobre a campaña que se leva a cabo internacionalmente dende fai anos polo peche do laboratorio de experimentación animal Hungington Life Sciences un dos máis poderosos do mundo

martes, 13 de marzo de 2007

Programación cinematográfica da Cova da Terra














xoves 15 de marzo ás 20:15 h

O PESADELO DE DARWIN






  • Director: Hubert Sauper.

  • Productores: Edouard Mauriat, Antonin Svoboda, Martin Gschlacht, Barbara Albert, Hubert Toint, Hubert Sauper.

  • Guión: Hubert Sauper.

  • Fotografía: Hubert Sauper, en color.

  • Montaxe: Denise Vindevogel.

  • Son: Cosmas Antoniadis.

  • Duración: 107 minutos.

  • francia 04. v.o.s.e.


O pesadelo de Darwin nos baixa do limbo cun golpe de culata (culata manufacturada nalgún lugar non tan lonxano….cecais no noso propio país). É a nosa decisión pretender seguir crendo que nada extraordinario acontece ou informarnos sobre unha tropelía que –ata agora sen sabelo- axudamos a consumar.


xoves 29 de marzo ás 20:15 h. na COVA DA TERRA


SEN SOL





  • Dirección, guión, fotografía e montaxe: chris marker

  • Música: michael krasna.

  • francia 1983. v.o.s.e.


Marker escúdase nunha voz en off, que lé cartas dun viaxeiro que relata as suas experiencias, para debuxar mediante imaxes de diferentes países e continentes unha reflexión audaz e valente sobre a memoria e a situación do mundo actual.


xoves 12 de abril ás 20:15 na COVA DA TERRA


71 FRAGMENTOS DUNHA CRONOLOXÍA DO AZAR




  • Ano: 1994

  • Dirección: Michael Haneke

  • Guión: Michael Haneke

  • Reparto: G. Cosmin Urdes, Lukas Miko, Otto Grühandl

  • Música: Johann Sebastian Bach

  • Fotografía: Christian Berger

  • Duración: 95 min.

  • Austria. v.o.s.e.


os personaxes de haneke son xente desorientada e desesperanzada, sen sitio no mundo, enclaustrados na sua propia existencia


martes, 6 de marzo de 2007

Ciclo de cinema contra a explotación animal


Tódolos sábados de marzo as 7:30 no Alto Minho (rúa catasol, nº 15), proxección + debate, e as 9:30 cea Vegana!



Durante o mes de marzo, terá lugar no local social Alto Minho, un ciclo de cine que pretende criticar e crear debate sobre a explotación e a tortura sobre os animais, tanto por parte da industria alimenticia como textil, farmaceitica, etc. e sobre todo, por-la nosa parte (@s consimidor@s), pois nos, creando demanda de productos de orixe animal, somos @s responsables finais de que estas crueldades acontezan.

lunes, 5 de marzo de 2007

Bagdad Café

XOVES 8 DE MARZO NA COVA DA TERRA:



Género:
Comedia / Drama

Nacionalidad:
Alemania

Director:
Percy Adlon

Actores:
Marianne Sägebrecht
CCH Pounder
Jack Palance
Christine Kaufmann
Monica Calhoun
Darron Flagg
George Aguilar
G. Smokey Campbell
Hans Stadlbauer
Alan S. Craig
Apesanahkwat
Ronald Lee Jarvis
Mark Daneri
Ray Young
Gary Lee Davis

Parábola sobre a necesidade da felicidade, "Bagdad Café" é unha película máis precisa que preciosa, que chega moito máis ó corazón que á razón.

programa de radio sobre xs Presxs de Action Directe

Xa tedes disponible para descargar a "entrevista" realizada no programa "Juntando Cachitos de Odio" el 22 de fevreiro a un compañeiro "sobre xs presxs de Action Directe"(Francia), na da radio ELO -Madrid-, podedela descargar na seguinte ligazón:
programa Action Directe

jueves, 1 de marzo de 2007

No nome do mono

Croquetas de espinaca e grelo

Ingredientes (8 persoas, depende da fame):



  • 1 vaso de aceite de oliva

  • 2 vasos de fariña de trigo

  • 1 litro leite de soia ou caldo de verduras

  • 1 ramallo de grelos

  • 1 ramallo de espinacas

  • 1 cebola

  • 2 dentes de allo

  • Pan raiado

  • Perexil

  • Nuez moscada

  • Pementa

  • sal ó gusto



Preparación



Cocemos os grelos, as espinacas a cebola (picada) e mais o allo en abundante auga con sal durante 25 minutos. Unha vez cocidas as verduras escurrimo-lo auga e reservámo-lo caldo. Podemos usalo para cocer noutra ocasión, para sustituí-lo leite de soia a hora de facer a beshamel, ou para bebelo directamente. Desta forma aproveitamos os nutrientes que quedan disoltos no auga, e mais aforramos de gastar auga nova.

Nunha pota un chisco alta, ponse o aceite a quentar e, antes de que ferva, bótaselle a fariña e reméxese enérxicamente ata formar unha pasta homoxénea. Unha vez temos os 2 ingredientes ben misturados, empezamos a botá-lo leite de soia de pouco en pouco sen deixar de remexer. Nesta parte debemos ser moi constantes para evitar que se formen grumos e non votar de novo leite de soia ata que teñamos na pota boa mistura. Repetimos o proceso de botar leite de soia ata ober unha beshamel moi espesa. É preferible que nos sobre un pouco de leite a que a beshamel quede solta, porque se non, non seremos capaces de darlle forma as croquetas.
Misturamos a beshamel cos grelos as espinacas a cebola e o allo, e trituramos todo con axuda dunha batidora, para despois aderezar con nuez moscada, pementa e sal. Unha vez temos a beshamel de verduras, collocámo-la nun recipiente amplo e esperamos a que enfríe o suficiente como para metelo na neveira, onde ficará durante 2 horas para que compacte.

Rematado este periodo colocamos nun prato o pan raiado cun pouco perexil ben picadiño , e imos dandolle forma de croqueta coas mans á beshamel, e rebozandoas co pan raiado . Se a beshamel nos quedou demasiado solta, podemos espesar cun pouco pan raiado.
Poñemos nunha tixola abundante aceite a ferver e cando esté ben quente imos botando as croquetas, para despois, unha vez esten doradas, ilas depositando sobre un prato cuberto de papel de cociña para que absorba o aceite sobrante.

Para rematar,pódense servir acompañadas de leituga aliñada ou tomate cortado en dados con allo picado, ou cenoura raiada, ainda que soas xa representan un delicioso entrante.

Bon probeito!


miércoles, 21 de febrero de 2007

[Girona] Encarcelada Compañeira anarquista







O que aconteceu:



Á mañá do día 7 de fevreiro é detida en Girona unha xove de Sarrià de Ter baixo a "Lei Antiterrorista"; a operación enmarcase na dinámica represiva contra os movementos sociais, reveldes e solidarios. A operación foi efectuada po-los Mossos de Esquadra en cumprimento dunha orde do xuzgado de instrucción da Audiencia Nacional; atopamo-nos ante outra mostra máis da arbitrariedade da xustiza en mans da Audiencia Nacional, o Ministerio do Interior e a Conselleria do Interior da Generalitat (Agora nas mans da Iniciativa per Catalunya)



Entre as probas e argumentos esgrimidos para a súa incomunicación, traslado y encarcelamento en Madrid atópanse o de posesión de material escrito anarquista e unha axenda con direccións de Italia, xa que Nuria dispoñíase a trasladarse e procurar traballo nese estado, e polo seu apoio a pres@s polític@s. Por todo elo, pola súa ideoloxía anarquísta e a súa presunta vinculación a represaliados italians atópase baixo o peso de cargos por pertenza a banda armada.



En Girona, o pasado sábado día 10, máis dun millar de persoas manifestaronse esixindo a posta en liberdade da súa veciña.[fotos] [Vídeo] [Crónica da Manifestación (cat.)]




Convocatorias:




Dirección de Nuri:



NÚRIA PORTULAS OLIVERAS
CENTRO PENITENCIARIO MADRID
AP 200 COLMENAR VIEJO MÓDULO 12
28770 MADRID


Materiais:



Máis información:


Senberce - Basora

Novo vídeo do grupo lucense de Hard-core Senberce, do seu tema basora que pronto poderedes atopar no seu primeiro traballo Drogas, Armas, Odio e que esperamos ter a honra de incorporar o noso catálogo.
Neste vídeo podedes observar algunhas das crudas imaxes da realidade do infame e inxusto conflito acontecido bélico na Iraque, provocado polas ansias de poder e ouro negro do goberno xenocida dos Estados Unidos.

Dende a distribuidura anticomercial e antiautoritaria "O Engranaxe" queremos mandarlles unha forte aperta os nosos irmáns de Senberce desexándolles moita enerxía para que continúen como ata agora, e dicer... Imparables!!








Saude e Respeto senberce!!


[ ir a senberce.com ]

viernes, 16 de febrero de 2007

XORNADA DE SOLIDARIDADE ACTIVA C@S PRES@S DE ACTION DIRECTE




O día 21 de Fevreiro do 2007 conmemorase o XX aniversario do
ingreso na cadea dxs compañeirxs anticapitalistas franceses de ACTION DIRECTE.

Somos concientes da situación destxs presxs (enfermos e con cadeas perpetuas encubertas por non arrepentirense) e por elo, proponse o envío masivo de faxes, mails, chamadas telefónicas, telegramas etc... ós principais representantes do goberno represor francés no estado español para que saivan que "todo o mundo lles está mirando" i é consciente do asasinato cotiá que están levando a cabo contra os revolucionarios dentro das súas prisioós..





  • Cónsul General en Madrid :
    Sr. Dominique Pin
    C/ Marqués de la Ensenada, 10 - 28004 Madrid
    Tél : + 34 91 700 78 00 - Fax : + 34 91 700 78 01


  • Consejero de Prensa y Comunicación :
    Pierre Dumartin
    C/ Salustiano Olozaga, 9 - 28001 Madrid
    Telf: + 34 91 423 89 22 - Fax : + 34 91 423 89 01




Estas son as direccións d@s pres@s de ACTION DIRECTE nas diferentes cadeas nas que se atopan, Por se alguén quere escribir @s pres@s ou directamente ás prisións nas que se
atopan secuestrad@s.





  • Georges Cipriani
    4364/1239
    MC Ensisheim
    49, rue de la 1ère armée,
    68190 Ensisheim


  • Nathalie Ménigon
    2173 J
    CD Bapaume
    Chemin des Anzacs,
    62451 Bapaume cedex


  • Jean-Marc Rouillan
    1829
    MC Lannemezan
    204 rue des saligues,
    BP 166,
    65300 Lannemezan.


  • Régis Schleicher
    9484
    QI CP Clairvaux
    10910 Ville-sous-la-Ferté



Estas son as direccións dos diferentes Institutos Franceses nas diversas cidades, por se tamén se quere mandar faxes, mails, ou visitarlles para esixir a liberdade dxs compañeirxs presxs.





  • INSTITUT FRANÇAIS DE BARCELONE
    C/ Moià, 8 - 08006 BARCELONA
    93 567.77.70/ Fax: 93 200 66 61
    Email : cours@institutfrances.org
    Mme Dominique MIQUEL-ORTEGA - Attachée de coopération pour le français



  • INSTITUT FRANÇAIS DE MADRID
    C/ Marqués de la Ensenada, 12 - 28004 MADRID
    91 700 48 38 / Fax: 91 319 64 01
    Email : acpf@ifmadrid.com
    M. Gérard PRIEUR - Directeur délégué et Attaché de coopération pour le français



  • INSTITUT FRANÇAIS DE SARAGOSSE

    Paseo de Sagasta, 7 - 50008 ZARAGOZA
    97 622.75.98 - Fax: 97 621 80 74
    Email : ifsg@retemail.es
    M. Michel LE ROUX - Attaché de coopération pour le français



  • INSTITUT FRANÇAIS DE SEVILLE

    C/ Lope de Rueda, 30 - 41004 SEVILLA
    95 456 35 60 / Fax: 95 456 36 96
    Email : ifsevilla1@telefonica.net
    M. Denis REY - Attaché de coopération pour le français



  • INSTITUT FRANÇAIS DE VALENCE

    c/ Moro Zeit, 6 - 46001 VALENCIA
    96 315.30.95 - Fax: 96 392.06.81
    Email : cooplingua@ifvalencia.com



A coordinación xeral da cooperación educativa está feita po-lo BCE (Bureau de Coopération Educative) da




  • Embaxada de Francia en España
    Mme Fabienne Lallement, Agregada de cooperación educativa
    tel : 91.700.77.38 - fax : 91.700.77.07 - email : fabienne.lallement@diplomatie.gouv.fr


RESPETO A LOS REVOLUCIONARIOS MUERTOS Y MAS AÚN A LOS VIVOS!!

LIBERTAD PARA LXS PRESXS DE ACTION DIRECTE!!!

FUEGO A LAS PRISIONES!!!



En memoria de Brad Will

Este é o vídeo póstumo do periodista anarquista estadounidense Brad Will, que foi asasinado por axentes do estado mexicano mentres filmaba unha reportaxe sobre as luitas que acontecían na comuna de Oaxaca. Bradd Will era periodista de indymedia nos estados unidos. Este foi o reportaxe (sen rematar) que fixo ata a súa morte por disparos de bala das forzas represivas.







Contacto:

engranajemaldito@yahoo.es | Apartado 71 - 27080 Lugo