miércoles, 4 de abril de 2007

Contra la megamáquina

Ensayos sobre el Imperio y el desastre tecnológico



Edición: Alikornio

Autor: David Watson

Chernobyl, Bhopal, os vertidos de petróleo, a constante amenaza de destrucción da vida humana e da natureza que se cerne sobre o praneta, non son o resultado dunha aplicación errónea dos aparatos técnicos, senon fenómenos inherentes ó propio sistema industrial e tecnolóxico e á racionalidade instrumental co fundamenta. A partires da problemática distinción entre capital e tecnoloxía, e tomando prestado do historiador Lewis Mumford o concepto de megamáquina, Watson revela de qué modo, e máis alá dunha suposta e insostible neutralidade da tecnoloxía, ésta configura as nosas maneiras de vivir. O dominio científico e tecnolóxico, ademáis dos efectos de deshumanización que xera ó socava-la liberdade e independencia humanas, supón unha seria amenaza para a vida no praneta. Contra este dominio e a favor dunha transformación radical da sociedade, Watson propon-nos a apertura de vías críticas de deconstrucción do sistema industrial e tecnolóxico, así como a exploración de formas de vida comunitarias. Unha proposta que fíase a partires do escepticismo tecnolóxico, o luddismo epistemolóxico e, en definitiva, dunha síntese moderno-primitiva capaz de aprender doutras culturas e desenrolar unha nova sensibilidade verde.

P.V.P. 5€

No hay comentarios:

Contacto:

engranajemaldito@yahoo.es | Apartado 71 - 27080 Lugo