Los destructores de máquinas
Editorial: Alicornio
Autor: Ernst Toller
No contexto da revolución industrial, na que a miseria apoderouse das clases populares que vivían no seno das vilas dos comezos do século XIX, que vían impotentes como os avances tecnolóxicos en maquinaria industrial arrebataba os seus postos de traballo, moitas destas xentes comezaron a organizarse para emprender na súa defensa unha das máis belas artes: a sabotaxe. Estes cidadáns asolados pola dictadura que impuxo o sistema industrial productivo para estas xentes, decidiron de forma autónoma actuar directamente contra estees centros productivos, destruíndo as máquinas que daban vida ó monstro económico que os asolaba. Moitas destas accións atrubuíronselle a un tal Ned Ludd, polo que o movemento foi denominado Luddismo, ainda que probablemente Ned Ludd fóra un "nome múltiple", usado polas xentes para darlle unha cohesión os sabotaxes e reivindicalos baixo as mesmas esixencias e polo tanto, non esistira ningunha persoa física que respondera a tal nome, ou polo menos non con ese frenético nivel de actividade subversiva
Nesta obra de teatro, o autor narra a luita que levaron a cabo os ludditas, que perfectamente puideron ser bautizados como os destructores de máquinas
P.V.P. 5 €
No hay comentarios:
Publicar un comentario