Seitan
O seitán é un alimento coñecido dende fai moitos séculos na cociña oriental, feito a partir da fariña de trigo, e moi apreciado polo seu sabor (cando se elavora ben) e alto contido en proteínas vexetais
O mellor para facelo é conseguir unha fariña o menos refinada posible... porque as demáis están tan refinadas que se o fas con elas, non che sae case nada de seitán... so lles queda o puro almidón, que non é alimento nin nada! Ben, tes que amasar (para que teñas bastante para comer e se a túa familia non é moi numerosa, podas guardalo no conxelador!) uns 6 kilos de fariña da mais integral, que che quedará ó final máis ou menos a mitade. Fai soamente un bolo con todo iso, sen sal, sen nada de levadura, soamente iso fariña e auga!
Despois de facer o bolo, o deixas en remollo unhas 12 horas, totalmente cuberto po-lo auga, nunha pileta de plástico ou un gran bol.
O procedemento que lle segue a este, é simple, comenzas a amasar, co agua que tes no bol, procurando que o bolo no se te desfaga, ata que o auga quede compretamente branca...logo a mudas, e segues facendo o mesmo, ata lograr que o auga quede case transparente... isto se fai para lavar-la fariña, e asi se logra quitar-lle todo o almidón, que é o que sobra no seitán.. vai-te levar, se fas 6 kilos, un pouco máis de 40 minutos o lavalo por completo, dependendo tamén da túa destreza.
Despóis disto telo case listo, tomas unhas medias vellas que teñas a mano (a poder ser das alásticas e sen tintes, porque se non despois o tinte despréndese no auga), vas cortando o que che quedou do que lavaches, (que terá aspecto marrón grisáceo e de chicle xigante) e metendo os pedazos en anacos de media, para de seguido atalas. Agora imos coce-lo seitán en caldo de verduras, e o obxectivo e que no se nos desfaga.
Nunha pota ponse auga a ferver, e botaselle sal, pementa, laurel, salsa de soia, alga kombu, un par de limóns cortados a metade... O certo é que a condimentación e un pouco ó gusto, se ven e certo que ten que ser un caldo intenso para que lle de bon sabor o seitán, que de primeiras, o ser fariña de trigo, é bastante insípida. Os que se comercializan, destacan nos ingredientes habitualmente o soyu (salsa de soia) e a alga kombu(que ademáis de dar bon sabor, fai que se coza antes). O tempo de cocción é duns 40 minutos, logo se sacan das medias (vai estar inflado) o cortan a metade e o
meten de novo ó auga por uns 15 minutos máis, para lograr que se cociñe por completo...
Unha vez rematada a cocción, xa se pode reservar ou cociñar estofado, fileteado, empanado, etc..
No hay comentarios:
Publicar un comentario