martes, 27 de marzo de 2007

xoves 29 de marzo ás 20:15 na cova da terra: SEN SOL de chris marker


Sans Soleil (1982) es la película que mejor ejemplifica los hallazgos surgidos de la búsqueda de Chris Marker a través de las formas narrativas. Magnífico rastreador de la realidad, Marker enmarca sus imágenes en flujos de forma y significación poética. La realidad se convierte en la materia prima, el significante, que luego se constituye en obra completa gracias a las partículas ficcionales que la articulan, formando el significado. Aquí, Marker se escuda en una voz en off, que lee cartas de un viajero que relata sus experiencias, para dibujar mediante imágenes de diferentes países y continentes una reflexión audaz y valiente sobre la memoria y la situación del mundo actual. Como momento álgido del filme, cabe destacar la reflexión acerca de las nuevas formas de creación audiovisual, y cómo en imágenes digitales creadas por ordenador es posible encontrar los pequeños signos que la memoria resguarda en nuestro cerebro.

viernes, 23 de marzo de 2007

jueves, 22 de marzo de 2007

¿Sábes canto diñeiro público gastóu UPN na súa manifa de Pamplona?


Todos sabedes que o pasado sábado, 17 de marzo, UPN (PP) manifestouse, invadindo as rúas de Iruña-Pamplona, baixo o lema "fueros y libertad. Navarra no es negociable", unidos da mao do PP, falanxistas e os grupis de Ynestrillas. Cál é a miña indignación cando hoxe se fan públicos os gastos que supuxo dita manifestación aberrante... ollo ó dato, que é escalofriante:



  • 59.850 € en cuñas de radio e anuncios de prensa. (publicidade mediática)

  • 73.750 € en bandeiras y pines non nacionalistas.(merchandising)(telitaaaaaaaaaa
    máis de 12 kilos en bandeiriñas y pines)

  • 60.000 € por hora e media do escenario e infraestructuras......

  • 900 euros á hora de imáxenes aéreas para la televisión que ascende a 7.200
    euros en total (helicópteros)

  • O Goberno de Navarra deixouse 35.000 euros en autobuses, para que saíeran de
    maneira gratuita dende distintos puntos de Navarra

  • 45.000 euros para que puideran vir autobuses dende fora(curioso dato, que invirtiran máis cartos en traer autobuses de personas foráneas)

  • 5.130 euros no salario de diversos vendedores que vendían na rúa bandeiriñas españolas e navarras, e pines

  • 6.000 euros no avión do PP (qué pena que non se estrelaran esta vez, e de verdade.....jajajajjaa)

  • 6.000 euros na ocupación da calzada (49150 m2 da superficie permaneceron inaccesibles durante cando menos 4 horas, polos ciudadáns que non participábamos na manifestación. A tasa de ocupación da vía pública en Pamplona, según os precios aprobados polo concello para o 2007, oscilan entre 0'10 y 1'23 por cada 10 m2)


E a suma de todo isto, ascende á escalofriante (e non menos indignante) suma de 300.000 euros.

!!!300.000euros que han sido sufragados por impostos dos navarros... un fondo público empregado de maneira partidista.

Seitan

O seitán é un alimento coñecido dende fai moitos séculos na cociña oriental, feito a partir da fariña de trigo, e moi apreciado polo seu sabor (cando se elavora ben) e alto contido en proteínas vexetais


O mellor para facelo é conseguir unha fariña o menos refinada posible... porque as demáis están tan refinadas que se o fas con elas, non che sae case nada de seitán... so lles queda o puro almidón, que non é alimento nin nada! Ben, tes que amasar (para que teñas bastante para comer e se a túa familia non é moi numerosa, podas guardalo no conxelador!) uns 6 kilos de fariña da mais integral, que che quedará ó final máis ou menos a mitade. Fai soamente un bolo con todo iso, sen sal, sen nada de levadura, soamente iso fariña e auga!
Despois de facer o bolo, o deixas en remollo unhas 12 horas, totalmente cuberto po-lo auga, nunha pileta de plástico ou un gran bol.


O procedemento que lle segue a este, é simple, comenzas a amasar, co agua que tes no bol, procurando que o bolo no se te desfaga, ata que o auga quede compretamente branca...logo a mudas, e segues facendo o mesmo, ata lograr que o auga quede case transparente... isto se fai para lavar-la fariña, e asi se logra quitar-lle todo o almidón, que é o que sobra no seitán.. vai-te levar, se fas 6 kilos, un pouco máis de 40 minutos o lavalo por completo, dependendo tamén da túa destreza.


Despóis disto telo case listo, tomas unhas medias vellas que teñas a mano (a poder ser das alásticas e sen tintes, porque se non despois o tinte despréndese no auga), vas cortando o que che quedou do que lavaches, (que terá aspecto marrón grisáceo e de chicle xigante) e metendo os pedazos en anacos de media, para de seguido atalas. Agora imos coce-lo seitán en caldo de verduras, e o obxectivo e que no se nos desfaga.


Nunha pota ponse auga a ferver, e botaselle sal, pementa, laurel, salsa de soia, alga kombu, un par de limóns cortados a metade... O certo é que a condimentación e un pouco ó gusto, se ven e certo que ten que ser un caldo intenso para que lle de bon sabor o seitán, que de primeiras, o ser fariña de trigo, é bastante insípida. Os que se comercializan, destacan nos ingredientes habitualmente o soyu (salsa de soia) e a alga kombu(que ademáis de dar bon sabor, fai que se coza antes). O tempo de cocción é duns 40 minutos, logo se sacan das medias (vai estar inflado) o cortan a metade e o
meten de novo ó auga por uns 15 minutos máis, para lograr que se cociñe por completo...


Unha vez rematada a cocción, xa se pode reservar ou cociñar estofado, fileteado, empanado, etc..

Liberados 7 porcos en Murcia

comunicado da acción:

O xoves 8 de marzo, sete cerdiños foron rescatados dunha granxa de Murcia. Os porcos ian ser asasinados para servir de comida. Agora foron acollidos por un matrimonio vegano e viven nun campo na parte de atrás da casa.


Pedimos a tod@s @s que se alimenten con productos de orixe animal que se cuestionen esta innecesaria costume e que adopten unha forma de vida libre de morte, explotación, sofrimento i especismo.


Queremos adicar esta acción @s activistas ingleses Mark Taylor, Suzanne Taylor e Teresa Portwine que foron condeados a catro anos de cadea, dous e medio e quince meses respectivamente por facer manifestacións contra HLS (o laboratorio de experimentación animal Huntingdon Life Sciences).


extraído de: Accion Vegana

Catálogo


Xa podedes descargar o noso catálogo (en constante ampliación) en formato tríptico, tamaño a4 bn polas dúas caras. Se estades interesados en agún material, non dubidedes en poñervos en contacto con nos, xa sexa a través do correio electrónico engranajemaldito@yahoo.es ou no apartado de correios 71, cp 270080, Lugo



miércoles, 21 de marzo de 2007

Stop Hungington Animal Cruelty golpea de novo



Este video trata sobre a campaña que se leva a cabo internacionalmente dende fai anos polo peche do laboratorio de experimentación animal Hungington Life Sciences un dos máis poderosos do mundo

martes, 13 de marzo de 2007

Programación cinematográfica da Cova da Terra














xoves 15 de marzo ás 20:15 h

O PESADELO DE DARWIN






  • Director: Hubert Sauper.

  • Productores: Edouard Mauriat, Antonin Svoboda, Martin Gschlacht, Barbara Albert, Hubert Toint, Hubert Sauper.

  • Guión: Hubert Sauper.

  • Fotografía: Hubert Sauper, en color.

  • Montaxe: Denise Vindevogel.

  • Son: Cosmas Antoniadis.

  • Duración: 107 minutos.

  • francia 04. v.o.s.e.


O pesadelo de Darwin nos baixa do limbo cun golpe de culata (culata manufacturada nalgún lugar non tan lonxano….cecais no noso propio país). É a nosa decisión pretender seguir crendo que nada extraordinario acontece ou informarnos sobre unha tropelía que –ata agora sen sabelo- axudamos a consumar.


xoves 29 de marzo ás 20:15 h. na COVA DA TERRA


SEN SOL





  • Dirección, guión, fotografía e montaxe: chris marker

  • Música: michael krasna.

  • francia 1983. v.o.s.e.


Marker escúdase nunha voz en off, que lé cartas dun viaxeiro que relata as suas experiencias, para debuxar mediante imaxes de diferentes países e continentes unha reflexión audaz e valente sobre a memoria e a situación do mundo actual.


xoves 12 de abril ás 20:15 na COVA DA TERRA


71 FRAGMENTOS DUNHA CRONOLOXÍA DO AZAR




  • Ano: 1994

  • Dirección: Michael Haneke

  • Guión: Michael Haneke

  • Reparto: G. Cosmin Urdes, Lukas Miko, Otto Grühandl

  • Música: Johann Sebastian Bach

  • Fotografía: Christian Berger

  • Duración: 95 min.

  • Austria. v.o.s.e.


os personaxes de haneke son xente desorientada e desesperanzada, sen sitio no mundo, enclaustrados na sua propia existencia


martes, 6 de marzo de 2007

Ciclo de cinema contra a explotación animal


Tódolos sábados de marzo as 7:30 no Alto Minho (rúa catasol, nº 15), proxección + debate, e as 9:30 cea Vegana!



Durante o mes de marzo, terá lugar no local social Alto Minho, un ciclo de cine que pretende criticar e crear debate sobre a explotación e a tortura sobre os animais, tanto por parte da industria alimenticia como textil, farmaceitica, etc. e sobre todo, por-la nosa parte (@s consimidor@s), pois nos, creando demanda de productos de orixe animal, somos @s responsables finais de que estas crueldades acontezan.

lunes, 5 de marzo de 2007

Bagdad Café

XOVES 8 DE MARZO NA COVA DA TERRA:



Género:
Comedia / Drama

Nacionalidad:
Alemania

Director:
Percy Adlon

Actores:
Marianne Sägebrecht
CCH Pounder
Jack Palance
Christine Kaufmann
Monica Calhoun
Darron Flagg
George Aguilar
G. Smokey Campbell
Hans Stadlbauer
Alan S. Craig
Apesanahkwat
Ronald Lee Jarvis
Mark Daneri
Ray Young
Gary Lee Davis

Parábola sobre a necesidade da felicidade, "Bagdad Café" é unha película máis precisa que preciosa, que chega moito máis ó corazón que á razón.

programa de radio sobre xs Presxs de Action Directe

Xa tedes disponible para descargar a "entrevista" realizada no programa "Juntando Cachitos de Odio" el 22 de fevreiro a un compañeiro "sobre xs presxs de Action Directe"(Francia), na da radio ELO -Madrid-, podedela descargar na seguinte ligazón:
programa Action Directe

jueves, 1 de marzo de 2007

No nome do mono

Croquetas de espinaca e grelo

Ingredientes (8 persoas, depende da fame):



  • 1 vaso de aceite de oliva

  • 2 vasos de fariña de trigo

  • 1 litro leite de soia ou caldo de verduras

  • 1 ramallo de grelos

  • 1 ramallo de espinacas

  • 1 cebola

  • 2 dentes de allo

  • Pan raiado

  • Perexil

  • Nuez moscada

  • Pementa

  • sal ó gusto



Preparación



Cocemos os grelos, as espinacas a cebola (picada) e mais o allo en abundante auga con sal durante 25 minutos. Unha vez cocidas as verduras escurrimo-lo auga e reservámo-lo caldo. Podemos usalo para cocer noutra ocasión, para sustituí-lo leite de soia a hora de facer a beshamel, ou para bebelo directamente. Desta forma aproveitamos os nutrientes que quedan disoltos no auga, e mais aforramos de gastar auga nova.

Nunha pota un chisco alta, ponse o aceite a quentar e, antes de que ferva, bótaselle a fariña e reméxese enérxicamente ata formar unha pasta homoxénea. Unha vez temos os 2 ingredientes ben misturados, empezamos a botá-lo leite de soia de pouco en pouco sen deixar de remexer. Nesta parte debemos ser moi constantes para evitar que se formen grumos e non votar de novo leite de soia ata que teñamos na pota boa mistura. Repetimos o proceso de botar leite de soia ata ober unha beshamel moi espesa. É preferible que nos sobre un pouco de leite a que a beshamel quede solta, porque se non, non seremos capaces de darlle forma as croquetas.
Misturamos a beshamel cos grelos as espinacas a cebola e o allo, e trituramos todo con axuda dunha batidora, para despois aderezar con nuez moscada, pementa e sal. Unha vez temos a beshamel de verduras, collocámo-la nun recipiente amplo e esperamos a que enfríe o suficiente como para metelo na neveira, onde ficará durante 2 horas para que compacte.

Rematado este periodo colocamos nun prato o pan raiado cun pouco perexil ben picadiño , e imos dandolle forma de croqueta coas mans á beshamel, e rebozandoas co pan raiado . Se a beshamel nos quedou demasiado solta, podemos espesar cun pouco pan raiado.
Poñemos nunha tixola abundante aceite a ferver e cando esté ben quente imos botando as croquetas, para despois, unha vez esten doradas, ilas depositando sobre un prato cuberto de papel de cociña para que absorba o aceite sobrante.

Para rematar,pódense servir acompañadas de leituga aliñada ou tomate cortado en dados con allo picado, ou cenoura raiada, ainda que soas xa representan un delicioso entrante.

Bon probeito!


Contacto:

engranajemaldito@yahoo.es | Apartado 71 - 27080 Lugo