Tortilla Vegana
Unha tortilla sen ovos, flipa! Pois é moi sinxelo: nun prato misturas fariña, a ser posible integral, con leite de soja ou con auga simplemente, facendo unha mistura da consistencia dos ovos, na cantidade que precises, e xa tés o sustituto dos ovos, lóxicamente ten menos sabor que os ovos polo que as tortillas estarán millor botándolle verduras varias: cebola, pemento, calabacín, nabo, berenxena, cenoura, guisantes, remolacha, setas… O que queiras botarlle, o non te-lo sabor dos ovos tamén se aprecia millor o sabor das verduras. Fríes as verduras coma para unha tortilla normal e logo as mezclas ca mistura de fariña e botas todo na sartén sen casi aceite porque a fariña absorve todo e pode facerse moi pesada, e xa tes unha tortilla vegana, ideal para da-la nota en festas e tal.