jueves, 14 de diciembre de 2006

Falafel

Deixar os garbanzos en remollo un ou dous días, cambiando a auga se fai falla, escurrilos ben e secalos un pouco cas mans antes de facelos puré, tentando que queden ben desfeitos, a esta masa engádeselle sal, un pouquiño de allo e cebola, unhas gotas de limón, e pementa negra. Quédalle moi ben uns anaquiños de pemento verde e tamén se lle adoita botar pirixel e cilantro frescos.

Feita a masa ponse a sartén ó lume con aceite abundante e mentras quece cas mans húmidas collemos anacos de masa cos que facemos boliñas do tamaño dun ollo humano, que aplastamos en forma de “hamburguesa” (como as de McRonald, Buaj!) tentando que non quede moi agrietada. Temos que comprobar que o aceite esté quente botando un anaquiño de allo, botaremos o falafel cando lle saían burbulliñas ó redor de modo que non trague todo o aceite e o deixamos facer sen que se dore moito pero tentando que quede ben feito por dentro (e que ten a súa complicación a merda do falafele…) e se as podemos poñer nun papel absorbente ó sacalos, millor…

…e esperade a que enfríen un pouco!

Tamén se pode facer con lentellas ou con guisantes en vez de garbanzos, quedan deliciosos cun pouco de pimentón e cenoura.

No hay comentarios:

Contacto:

engranajemaldito@yahoo.es | Apartado 71 - 27080 Lugo