miércoles, 30 de mayo de 2007

Trenes Rigurosamente Vixiados


trenes rigurosamente vixiados
(Rep.Checa, 1968)
de jiri menzel
v.o.s.e.
xoves 7 de xuño 20:15h na COVA DA TERRA
entrada de balde

Trenes rigurosamente vixiados non é só a historia dunha pequena estación do protectorado checo en 1945, senón a alegoría dun tempo terrible contada de tal xeito que o seu veneno queda desarmado.Cando quere, a natureza humán é capaz de montar festa no mesmo inferno

Marcha Ciclonudista na Coruña

Chamamento Mundial. Sábado 9 de xuño. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.
Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.
Denunciamos que as nosas rúas foron secuestradas polo coche privado que colapsa as cidades dexenerándoas en lugares hostís e perigosos. O coche mata e a súa impunidade escandalízanos. Demasiados intereses de multinacionais belicistas do petróleo e do automóbil están en xogo se cuestionamos isto.
Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.
¿Por que en bicicleta? A bicicleta é un medio de transporte urbano solvente, saudable, ecolóxico e divertido. É unha icona, un símbolo de liberdade e un instrumento práctico de transformación social. Non paga tributos, non gasta petróleo, non colabora co desenvolvismo destrutor nin coa guerra global.
¿Por que espidas? Porque nos sentimos espidos ante o tráfico pola falta de respecto dos condutores e a desidia dos gobernantes. Coa desnudez facemos visible a fraxilidade das nosas carrocerías (o noso propio corpo). Ademais, amosamos o noso corpo con naturalidade, rompendo o pudor, desmontando tabús respecto do noso físico impostos pola moda e a avaricia da industria transnacional téxtil. En definitiva, enfrontámonos ao tráfico urbano co corpo espido sobre a bicicleta como a mellor forma de defender a nosa dignidade e de vivir a loita social.
Cidades do estado español nas que se celebra o evento: Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alicante, Murcia, Valladolid, Valencia.
Visita a nosa web: http://www.ciclonudista.net
Marcha Ciclonudista na Coruña (Sábado 9 de xuño ás 12h desde María Pita ata a praia das Lapas)
Na Coruña tamén queremos participar desta chamada mundial. Porque na nosa cidade todavía hai moita intolerancia e prepotencia. O coche e esa posición de poder que proporciona é intolerante e prepotente, como o é a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como nos pete, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis propoñemos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade, un paseo de tolerancia e integridade.
O percorrido comezará en María Pita, vestidos, e nun punto do percorrido ¡ fora a roupa e arriba as bicis ! :) Faremos un percorrido pola cidade para rematar na praia das Lapas, onde nos espera unha festa de recibimento e probablemente algo de picar. Iso sí, un baño nas augas do Atlántico despois da bici non virá nada mal.
Queremos contar co maior número posible de xente e ciclousuari@s, polo que se alguén dubida se atreverse, acudide igualmente. O apoio virá moi ben, e cada un que faga no momento o que lle pida o corpo. Porque esta marcha non nos pertence a uns poucos, senón que é propiedade de calqueira persoa que queira participar dun xeito ou doutro. Marcade ese día nos vosos calendarios, porque é un día irrepetible, non é un día de esos para ir se "cuadra" ben, senón para facer todo o posible por ir.
Ao ser a única cidade en Galiza na que se celebra queremos facer partícipes a todas as persoas doutras partes, a que se animen a pasar un sábado divertido e estimulante. É a marcha ciclonudista galega. E por iso queremos que avisedes a todos os vosos contactos, a tod*s *s vos*s coñecid*s, amig*s ou familiares (sexan daquí ou doutros lugares). A ver se conseguimos que sexa unha comunicación expansiva, que toda esa xente avisada por nós se convirtan tamén en avisadores e xente ilusionada con participar como poida do evento.
Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net
A preparación poderedes seguila aquí: Foro de masa crítica (apartado da ciclonudista)
O material dispoñible é:
¡Vémonos o sábado 9 de xuño ás 12h en María Pita!

ver se conseguimos que sexa unha comunicación expansiva, que toda esa xente avisada por nós se convirtan tamén en avisadores e xente ilusionada con participar como poida do evento.
Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net
A preparación poderedes seguila aquí: Foro de masa crítica (apartado da ciclonudista)
O material dispoñible é:
¡Vémonos o sábado 9 de xuño ás 12h en María Pita!

jueves, 24 de mayo de 2007

Todo é mentira

¿Existe vida antes da morte?

Ésta é a pregunta que nos prantexamos día tras mentres camiñamos entre muros de formigón e ceminterios de soños. Cada día 100.000 novas propostas de como matar o noso tempo (non sinten reparo en dicilo) e cada catro anos 5 ou seis novas propostas de como perpetua-la nosa miseria.

Gañe quen gañe, ti sempre perdes
¿Quen queres que te exprima cal laranxa durante a próxima lexislatura? ¿Os roxos, os verdes, os branqui-azuis, ou tal vez os de cor merda? sei-ca este ano o mais fashion e votar por o partido das rabas do bar, que promete zirrosis gratis as súas infalibles seguidoras.
Fala cos teus avós, e diranche sen cavilar: Os políticos só pelexan polo mando, e cando o collen... Que me leve o demo se non fan o que sexa por non soltalo. Sen embargo parece que se esquecen cando os coches de liña pagados polo PP os recollen polas aldeas para levalos ó colexo electoral e darlles a papeleta na man, mentres agardan sorrintes na porta dandose codazos e botando eruptos sabor pulpo. Que ben viven os cabrons... E despois berra o 4º poder ¡ Corrupción en marbella!... Acaso alguén se sorprende? penso que non, igual que non se sorprenderían se foran detidos algúns dos magnates impulsores do proceso de marbellización que está a sofrer a Galiza dende fai tempo. Claro está que ditas detencións serían froito dun conflicto de poderes, ou algunha comisión mal pagada que fixo estalar de raiba a algún banqueiro, xuiz, concelleiro ou policía. ¿Quen prefires que te explote? Telefónica, Grupo Prisa ou ENCE?
Cala a boca e tapa as orellas, non vaia ser que che as leve o demo

Contacto:

engranajemaldito@yahoo.es | Apartado 71 - 27080 Lugo